Acerca de

UDCbigbang é unha asociación de alumnos da UDC fundada en 2013. Os nosos obxectivos son achegar a Ciencia ao público en xeral, nenos e maiores, e facela máis amena tanto a aqueles que teñen algunha relación con ela como aos que non.

Os pilares do noso traballo son o interese e as ganas dos nosos integrantes, alumnos de Bioloxía, Química e Mestrados de Ciencias da UDC; a gran axuda que nos prestan algúns profesores desinteresados da Facultade de Ciencias, e o interese da Universidade e da súa Unidade de Divulgación Científica no impulso da nosa actividade.

Para lograr os nosos obxectivos, principalmente organizamos e colaboramos en feiras de pequenos talleres interactivos que explican conceptos científicos sinxelos, e elaboramos material didáctico en gran formato, como pósters e infografías. También participamos en ciclos de charlas, exposicións e facemos visitas a colexios e institutos.

En colaboración coa Facultade de Ciencias e o Aquarium Finisterrae mantemos un acuario marino autóctono de 1000 L.

Actualmente os nosos principais proxectos son a elaboración dunha táboa periódica con mostras reais de 4 x 2 m na Facultade de Ciencias, e dunha árbore filoxenética das mesmas dimensións; organización de saídas de campo polo entorno da UDC e por paraxes naturais galegos, exposicións temáticas periódicas de pósters, gravación de vídeos científicos, mantemento dunha horta comunitaria nunha das parcelas da OMA… sen esquecer as visitas a colexios e institutos e participación nas próximas edicións de UDCiencia en varios lugares de Galicia.

Anuncios

Deja un comentario:

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s