Coco de mar: a pranta máis sexy do mundo

A curiosidade que hoxe vos ofrecemos é a desta peculiar pranta á que, se somos totalmente técnicos, describiriamos como unha Liliopsida do orde Arecales e que recibe o nome de Lodoicea maldivica. Esta especie, máis coñecida como Coco de mar, é unha pranta endémica do Val de Mai, no arquipélago das illas Seychelles; e que data do Pre-Cámbrico, considerándose así das máis antigas do planeta.

Imagen

Un aspecto que non pasa desapercibido son as súas follas de gran tamaño, chegando aos 4,5m nos exemplares máis antigos. Estas atópanse no extremo do tronco, formando unha coroa, e son palmeadas e induplicadas (as márxes están curvadas cara arriba no eixo lonxitudinal). Estas “rarezas” son de talla grande, as plantas máis novas chegan aos 14m de lonxitude; pero nas adultas o porte é maior, chegando a alcanzar os 30m no caso dos machos e os 24 nas femias.

Este último punto xa nos di que se trata dunha especie dioica (ten pés masculinos e pés femininos), a cal necesita de varios anos para poder acadar a madurez sexual. Polo xeral este periodo de tempo varía entre os 11 e os 50 anos, dependendo das condicións do medio nas que se atope.

Imagen

Pero…porqué decimos que é a pranta máis sexy do mundo? Este calificativo cobra sentido se nos fixamos nas inflorescencias masculinas así como nos seus froitos.

O pé masculino, unha vez que madurou sexualmente, vai producir unha inflorescencia moi curiosa que pode acadar ata 1,5m de lonxitude, o que a convirte nunha das máis grandes que se coñecen. Esta encóntrase tapizada por pequenos conxuntos de flores amarelas que producen unha gran cantidade de pole. A característica anterior, xunto co feito de que as prantas masculinas sexan de maior tamaño, suxiren a anemocoria como o medio de dispersión do pole. Pero sábese que a especie utiliza diferentes dípteros e réptiles de pequeno tamaño con ese fin.

ImagenNo caso da pranta feminina, as inflorescencias son menos chamativas. Como se pode ver na imaxe da esquerda, estas poseen un menor número de flores que as masculinas, e dispoñense seguindo un patrón de zig-zag. Teñen certa forma de esfera que lles confire as diversas capas de brácteas que as protexen, sendo moi característico na época de “bodas”, a “saída” dos pistilos para a captación do pole.

ImagenLogo da fecundación o froito comeza o seu desarroio, empregando ata 6 anos para madurar e permitir que a semente esté completamente formada. Tanto tempo de espera ten os seus resultados xa que, a parte da súa característica forma, este alcanza uns tamaños verdadeiramente incríbles; cuantificándose exemplares de ata 20-25kg. De feito son os froitos máis grandes que se coñecen.

ImagenCon ese peso non é difícil que, logo de madurar, o froito se desprenda da pranta e caia ao chan. Unha vez aquí comeza outro longo proceso no que vai ir desaparecendo a corteza, e que pode durar ata 6 meses.

Da fisura entre os lóbulos que o conforman sairá un brote que servirá como anclaxe para a nova pranta. Esta manterase oculta ata que, logo dun ano, nos permita ver a súa primeira folla. Como se pode ver na imaxe, esta primeira estrutura ten un tamaño considerable e, ao igual que o resto desta peculiar especie, non pasa desapercibida.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Botánica y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

3 respuestas a Coco de mar: a pranta máis sexy do mundo

  1. 19duran05 dijo:

    Dios mío entre tamaños y lo de 6 años para madurar me he quedado alucinado. Good Job!

  2. zaira dijo:

    Moi interesante, atacalle a máis curiosidades Clara !!! 😉

Deja un comentario:

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s